Liñas de axudas para a promoción do galego:
Da Unión Europea


 

Propostas de apoio da Comisión Europea de accións en favor da promoción e conservación das linguas e culturas rexionais e minoritarias


1. Contexto xeral

Na óptica dunha Unión Europea respectuosa da diversidade lingüística e cultural, o Parlamento Europeo adoptou dende 1982 varias resolucións destinadas a desenvolver medidas para a protección e promoción das linguas rexionais ou minoritarias.


Consonte coas citadas resolucións, a Comisión encárgase de realizar unha acción a prol das linguas e culturas rexionais ou minoritarias, financiada pola liña B-1006 do orzamento.

As linguas que poden beneficiarse desta liña orzamentaria son as linguas autóctonas faladas tradicionalmente por unha parte da poboación dun Estado membro da Unión Europea. Esta definición non inclúe nin as linguas dos emigrantes, nin as linguas creadas artificialmente.

Tendo en conta as competencias dos Estados membros e respectando o principio de subsidiariadade, queda excluída calquera actividade cun impacto político ou estatutario.

2. Principais obxectivos

- fomentar iniciativas no ámbito da educación, a cultura e a información;

- protexer e promove-las linguas e culturas rexionais ou minoritarias;

- reforza-la dimensión europea e estimula-la cooperación entre tódolos que traballan en favor da preservación e a promoción de ditas linguas e culturas;

- mellora-lo intercambio de información e a transferencia de experiencia;

- sistematizar, mellorar ou fomenta-lo ensino das linguas rexionais ou minoritarias en tódolos ámbitos educativos, dende o preescolar ata a formación de adultos.

3. Ámbitos prioritarios

No límite dos recursos dispoñibles, darase prioridade ás actividades e proxectos nos seguintes ámbitos:

- proxectos pedagóxicos piloto nos diferentes niveis educativos;

- formación piloto inicial e continua do persoal docente; formación de adultos,

- publicacións para nenos e adultos,

- producción de material didáctico,
- traballos de normalización da lingua, lexicografía, terminoloxía,

- investigación-acción,

- conferencias, seminarios, coloquios,

- manifestacións culturais,

- emprego das linguas nos medios de comunicación; producción de películas, vídeos, programas de radio e televisión,

- redes de información e documentación,

- encontros de locutores dunha mesma lingua localizados en diferentes países da Unión Europea; o encontro deberá presentar un contido cultural e ter por obxecto a promoción e protección da lingua.


4. Criterios de selección

Tendo en conta os recursos limitados e a forte demanda neste sector, a Comisión levará a cabo da selección aplicando os seguintes criterios:

a) A dimensión europea:

calquera proxecto que implique a participación de cando menos dúas comunidades lingüísticas ou Estados membros, ou que poida dar lugar a unha transferencia de experiencia e coñecemento dunha rexión a outra.

b) O efecto multiplicador:

- calquera proxecto relacionado cos proxectos ou iniciativas en curso, ou que ofreza uns resultados duradeiros e de grande alcance;

- ou ben, que os posibles beneficiarios traballen no ámbito da planificación lingüística, formen parte de centros de investigación ou de institucións ou organizacións voluntarias que traballen en favor da promoción das linguas rexionais ou minoritarias;

b) O financiamento será anual. Os proxectos de carácter plurianual deberán ser obxecto cada ano dunha nova solicitude relativa ó programa de traballo e ó orzamento do ano en cuestión. Cada solicitude avaliarase en función da súa calidade e das disponibilidades orzamentarias.

c) Na presentación do orzamento, os gastos totais deberán ser equivalentes ós ingresos totais. Cando o custe real realizado sexa inferior ó custe total inicialmente previsto, a Comisión reducirá a súa contribución en función da diferencia entre ambos resultados. Xa que logo, o demandante deberá presentar, por propio interese, un orzamento provisional razonable.

d) A Comisión non poderá conceder subvencións ós poderes públicos para o financiamento das súas obrigas estatutarias (por exemplo, salarios de persoal docente, equipamento dos servicios da administración local, etc.).

e) O financiamento non poderá destinarse á obtención de beneficios. Se un proxecto adquire carácter lucrativo, deberán restituirse os fondos asignados pola Comisión pola suma do beneficio obtido.

f) A axuda financeira ós proxectos seleccionados non poderá ser superior ó 50% dos custes reais de realización.

7. Procedemento de instrucción:

Baixo reserva das disponibilidades nos orzamentos 1996 e 1997 a Comisión seleccionará os proxectos que se teñen que financiar sobre a liña B3-106 durante estes dous exercicios.

Os proxectos deberán enviarse á Comisión (dará fe o cruño de correos):

- antes do 15/11/96, para os proxectos que comecen a partir do 15/03/07.
- antes do 15/04/97, para os proxectos que comecen a partir do 15/09/97.

No caso de aprobación pola Comisión, celebrarase un acordo do financiamento (en ECUS) entre a Comunidade e o beneficiario no que se fixarán as condicións e o nivel de financiamento. Este acordo deberá asinarse e enviarse inmediatamente á Comisión.

Os candidatos ós que non se lles acepte a súa solicitude, recibirán información por escrito ó respecto.

8. Presentación do informe e do estado de contas.

O informe final deberá ofrecer unha breve pero completa descrición dos resultados do proxecto. Xunto con este informe é necesario achegar copias das publicacións, folletos, cintas de vídeo, material publicitario, comunicados de prensa informe de prensa e outros documentos que ilustren o proxecto.
A Comisión poderá comunica-los informes finais e os resultados ás persoas interesadas.

O estado de contas final, no que deben figura-los gastos e ingresos reais, deberá presentarse no formulario estándar presentado coa solicitude de subvención.
O beneficiario deberá manter unha contabilidade do proxecto e conservar tódolos documentos xustificativos orixinais durante cinco anos, con fins de control.


  Seguinte