Biblioteca:
Propostas de normalización lingüística na administración local

A Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística


 

Capítulo Sexto: dos avisos, publicacións e actividades


Artigo XIII

Os anuncios oficiais da corporación que se publiquen no Boletín Oficial da Provincia, Diario Oficial de Galicia, ou calquera outro medio de comunicación radicado no territorio da nosa Comunidade Autónoma serán redactados en galego.
Fóra do ámbito lingüístico galego, a publicación será dobre.


Artigo XIV

Os cargos de Concello expresaranse normalmente en galego nos actos públicos celebrados en Galicia sempre que a intervención sexa por razón do propio cargo.


Artigo XV

15.1. Os libros, as revistas e, en xeral, tódolos carteis e publicacións que edite o Concello de ........, como tamén as menxases que se emitan a través dos medios de comunicación, faranse en galego, agás, aqueles destinados especificamente á promoción exterior, que se poderán facer na lingua dos destinatarios.

15.2. Fóra do ámbito lingüístico galego a publicidade farase sempre en versión dobre: galego e a lingua propia do territorio onde se dirixa ou en castelán.


Artigo XVI

Tódolos textos que han de ser publicados enviaranse ó Servicio de normalización lingüística para a súa corrección.


  Capítulo Quinto    |    Capítulo Sétimo