Recursos informáticos | ||
Última actualización: 29 de xaneiro de 1998 En galego Simple Text en galego A Asociación de Usuarios de Macintosh de Galicia pon á disposición dos usuarios de Macintosh o procesador de textos Simple Text en galego. Analizador de textos Manuel Forcadela deseñou este analizador de textos para Windows. Baixa o descomprimible instalar.exe que se liberará en dous arquivos: ABZ.EXE, o programa en si, e BWCC.DLL, unha biblioteca de enlace dinámico con algunhas rotinas de tipo gráfico que debe estar situada no mesmo directorio que o programa. Vocabulario de Informática Winglos 2.1 é un vocabulario galego-castelán-inglés de termos informáticos para Windows. Realizado por Javier Gómez Guinovar e Anxo M. Lorenzo Suárez. Vocabulario de fauna mariña. Vocabulario galego-castelán-inglés-latín de fauna mariña para Windows. Localizador de vilas de Galicia Manual Casal Lodeiro deseñou esta utilidade para localiza-las vilas de Galicia na WWW. Para Windows utilizando o plug-in de Shockwave para Netscape Navigator. O xogo do aforcado. Outra creación de Manuel Casal Lodeiro para Shockwave que permite xogar ó popular "aforcado" na rede. Os verbos galegos A súa función fundamental é dar a coñecer a todo o mundo a través da rede a conxugación dos verbos na nosa lingua. Corrector ortográfico da lingua galega Ferramenta, de momento só dispoñible para PC, realizada polo Instituto da Lingua Galega e a Dirección Xeral de Política Lingüística. Correctores e sinónimos para WordPerfect e Word7 e 97 Distribuídos pola empresa luguesa allegue.CB preséntannos sete novos recursos informáticos. Conjugue 1.0 Presenta dun xeito doado e asequible as conxugacións dos verbos en galego, ademais doutras doce linguas románicas, sexan verbos regulares ou irregulares nas súas distintas variedades, cun grao de fidelidade absoluto. Podemos baixar unha copia ó noso ordenador gratuitamente, aínda que polo momento só está dispoñible na súa versión para Windows. | ||