|
|
Glosario de urbanismo
Aliñación: Son as liñas que establecen os límites da edificación entre esta e o espacio no edificable dentro dunha parcela edificable.
Aliñacións Actuais: Son os límites da edificación actualmente existentes, tanto interiores como exteriores.
Aliñacións Exteriores: Son as que no Plano fixan
o límite da parcela edificable con os espacios libres exteriores,
vías, rúas e prazas. A estes efectos prevalecerá a
dimensión da rúa cando figure indicada.
Aliñacións Interiores: Son as que fixan os límites das parcelas edificables con o espacio libre interior.
Altura máxima: É a maior distancia vertical admisible para a edificación. Poderá regularse alternativa ou simultaneamente dos seguintes modos:
- Polo número de plantas.
- Por medición da distancia vertical entre as arestas do encontro
da fachada co plano superior do último forxado e coa beirarrúa
ou terreo circundante.
Altura de pisos: É a distancia vertical entre a cara superior e
inferior de 2 forxados consecutivos.
Altura libre mínima de pisos: É a menor distancia vertical
admisible entre os forxados correspondentes a solo e teito.
Altura en Edificación illada o exenta: A altura máxima deberá cumprirse en calquera punto das fachadas e medirase a partir da rasante do terreo en contacto coa edificación, salvo excepcións reguladas na ordenanza correspondente.
A efectos da medición da altura polo número de plantas, contabilizarán
as plantas piso, a planta baixa e o semisoto cando supere en 1,5 m. sobre
a rasante na correspondente fachada.
Bloques abertos: Tipoloxía urbana na que a edificación disponse
en bloques illados, separados por espacios libres axardinados.
Cerres: División vertical do deslinde de fincas e entre estas e
a vía pública ou espacios públicos, coincidentes coa
aliñación e rasante oficial.
Edificabilidade: Cociente entre a superficie ou volume edificable (expresada
en m2. ou m3.) e a superficie de solo asignable (expresada en m2.); segundo
a asignación do solo, falarase de edificabilidade de parcela, de
sector, etc. Este concepto poderá matizarse segundo as superficies
do solo que se tomen como denominador, falándose de edificabilidades
brutas ou netas.
Edificio exento: Tipoloxía urbana de edificios illados, xeralmente
con tratamento singular debido o seu uso específico.
Densidade: Cociente entre o número de vivendas autorizado e a superficie
de solo (xeralmente expresada en hectáreas) sobre a que se sitúan;
son válidas aquí as mesmas matizacións do concepto
anterior. Este concepto manexarase unicamente no planeamento para a ordenación
de sectores por medio das figuras de planeamento correspondentes.
Índice de Ocupación: Relación entre a superficie ocupada en planta polo edificio e a da parcela, expresada en porcentaxe.
Cuarteirón: Unidade de división do solo delimitada polas
aliñacións oficiais de vías ou espacios públicos
Cuarteirón pechado: Tipoloxía urbana na que a edificación
ocupa o fronte da aliñación das rúas que delimitan
o cuarteirón.
Parcela: Porción de terreo na que a aptitude para a edificación
queda regulada na ordenación.
Parcela mínima: Superficie mínima admisible no proceso de
parcelación e edificación.
Peza habitable: Enténdese como peza habitable aquela que se dedica
a unha permanencia continuada das persoas e, polo tanto, tódalas
que non sexan vestíbulos, corredores, aseos, despensas, roupeiros,
trasteiros, depósitos, aparcamentos,etc.
Patio aberto a fachada: É aquel situado en fachada e aberto cara a ela na que a súa profondidade, medida normalmente ó seu plano, non sexa superior a 1,50 m.
Planta baixa: É aquela planta da edificación , o pavimento da cal se sitúa en contacto coa rasante da rúa de forma que
máis dun 50 % do mesmo, deberá estar a unha diferencia de
cota máxima con ela de máis ou menos 50 cms.e o seu teito
non poderá estar a menos de 1,50 sobre dita rasante en calquera punto.
Rasante: É o perfil lonxitudinal dunha vía. A cota de rasante medirase en puntos do eixe. Para a medición de alturas de edificacións pechadas, utilizarase a rasante da beirarrúa en contacto coas aliñacións.
Rasante en edificación aberta: A delimitada polo plano as arestas do cal son as rúas que determinan a rúa principal e as anteriores existentes, salvo que se desenvolva a través de E.D.
Rasantes Oficiais: Son as definidas no Plano a partir dos puntos altimétricos establecidos nos planos de ordenación correspondentes e en ausencia de aqueles, as fixadas nos documentos que os desenvolven, creando como norma xeral, rasantes uniformes con pendente resultante da unión de cotas entre cruzamentos de rúas.
Recuados: É o ancho da faixa de terreo comprendida entre a aliñación
oficial e a liña de edificación cando as dúas non coinciden.
Así mesmo as separacións da edificación tanto baixo
como sobre rasante respecto ós demais lindes da parcela edificable
denominaranse recuados.
Recuados laterais ou posteriores se se refiren ó linde lateral ou
posterior da parcela.
Sector: Superficie na que se aplican unhas condicións únicas
de tramitación de figuras de planeamento que desenvolvan o Plano
Xeral. |