 |
|
Nos anos transcorridos desde a aprobación da Lei de Normalización
Lingüística experimentáronse avances substantivos no
proceso de dignificación lingüística ó tempo que
se ían aprobando diferentes disposicións lexislativas.
Doutra banda, ó abeiro da actitude do conxunto da poboación
(manifestamente favorable á extensión do uso social do galego),
desenvolvéronse numerosas campañas de sensibilización
colectiva orientadas a prestixia-lo uso da lingua e a incidir no cambio
de actitudes lingüísticas individuais.
|
|
 | |
|  |