|
|
|
A transformación do latín en galego produciuse de maneira progresiva e imperceptible. É imposible dar unha data exacta desde a que o latín é galego. No s. VIII a lingua da igrexa e da administración era tan distante da falada que hai dous sistemas diferentes: o latín e o galego.
|
|
|
O documento literario máis antigo dos coñecidos, a cantiga satírica Ora faz ost'o senhor de Navarra de Joan Soares de Paiva, data do s. XII. Dos comezos do s. XIII son os primeiros documentos non literarios, Noticia de Torto e Testamento de Afonso III de Portugal.
|
|
|
| |
|