![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() | ||||
![]() |
![]() |
![]() |
Ao longo das trinta e seis edicións desta festa das nosas letras, foron moitas as personalidades literarias que recibiron unha homenaxe merecida. Nuns casos, tratábase de figuras xa consagradas e de recoñecemento internacional; noutros, redescubrimos a persoa e a obra de nomes esquecidos ou non suficientemente recoñecidos. A literatura galega conta cun importante caudal de escritores e escritoras que nos vindeiros anos continuarán a dar contido concreto a esta data. Mais en ocasións como a deste ano, a celebración gaña un significado especial, para alén do puramente literario, dadas as circunstancias que envolveron o seu percorrido vital.
É autor de dúas obras en vida. A primeira, aparecida en 1929, o seu poemario Orballo de media noite, de grande modernidade e influencia nas letras dos anos trinta. E a segunda, unha escolma de artigos xornalísticos titulada De esto y de lo otro, publicada en 1930. O levantamento militar de 1936 sorprendeuno na súa casa da Peroxa, onde foi detido. Encarcerado en Ourense primeiro e trasladado a Celanova a seguir, acabará por ser asasinado na beira dunha estrada rural nunha noite calquera do outono dese fatídico ano 36. Tiña corenta e cinco anos. Blanco Torres atinxiu en vida, a través do seu inxente traballo xornalístico e mesmo poético, grande celebridade como pensador de esquerdas, colaborador en numerosos medios con outras personalidades como Castelao, Cabanillas, Lustres Rivas, Paz Andrade,... Daí a importancia fundamental de recuperarmos a súa memoria. Daí que comezasemos esta lembranza sinalando a trascendencia da homenaxe que este ano rendemos á súa figura. Só lembrando todas as páxinas da nosa historia literaria garantiremos a súa inmortal proxección futura. ![]()
Portada galego.org |