 |
|
Nos anos vinte hai un importante avance no estatus do galego, crease o Seminario de Estudios Galegos, os movementos europeos de vangarda non lle resultan alleos á lírica galega, os autores da "Xeración do 25" demostran unha grande orixinalidade creativa...
Mención á parte merece a figura polifacética de Castelao, un clásico da cultura galega en tódalas áreas en
que manifesta a súa arte e que ten unha grande significación
política plasmada tanto na súa obra ensaística -Sempre en Galiza- coma no seu labor no seo do Partido Galeguista, xogando un papel moi importante na aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936.
|
 |
| |
 |