
Os petroglifos son as pegadas
dos primeiros pobos que
habitaron Galicia. |
|
Os primeiros habitantes de Galicia eran de orixe preindoeuropea e ó igual que os celtas -indoeuropeos- deixaron a súa pegada na nosa lingua.
Deste xeito, atopamos no galego palabras preindoeuropeas (amorodo, lastra, veiga, etc.) e voces celtas como berce, bugallo, croio... que chegaron á nosa lingua unhas veces directamente e outras a través do latín. |