O galego e as leis
O galego, a lingua propia de Galicia, é, xunto co castelán,
o idioma oficial da nosa comunidade. O recoñecemento legal deste
estatus é algo relativamente próximo no tempo e corre parello
ó restablecemento da democracia no conxunto do Estado.
A Lei de Normalización Lingüística de 1983, desenvolve
o mandato estatutario e regula os dereitos dos cidadáns a empregaren o galego, incidindo especialmente nos eidos da Administración, do ensino e dos medios de comunicación.
Con posterioridade á promulgación desta Lei , fóronse
aprobando ordes e decretos que veñen completa-lo marco legal
e asegura-la recuperación plena do uso do idioma galego na Administración Local, de Xustiza, ...
Diferentes concellos aprobaron nestes anos as súas respectivas Ordenanzas de normalización lingüística, que constitúen o xeito máis efectivo de facer do galego a súa lingua normal de comunicación ó tempo que fixan os criterios lingüísticos a seguir nas diferentes situacións comunicativas. Outras institucións universitarias, Deputacións, etc. actuaron de xeito semellante elaborando regulamentos de uso da lingua galega.
Froito deste marco lexislativo, as relacións que establezamos na
nosa lingua coas diferentes administracións actuantes en Galicia
son válidas para tódolos efectos, a única forma dos
topónimos é a galega, as administracións autonómica e local teñen a obriga de redactar en galego a súa documentación oficial, establécese a incorporación da lingua galega ó ensino desde a educación primaria e garántese a promoción do galego onde haxa núcleos de emigrantes e nos territorios limítrofes da nosa Comunidade.
Ó longo destes anos producíronse avances significativos na
normalización do galego, ó tempo que se rexistraron atrancos
derivados das dificultades que entraña a aplicación do concepto
de "dobre oficialidade". |
|
O marco lexislativo vixente establece que o galego é a lingua propia de Galicia.
As relacións que establezamos na nosa lingua coas administracións actuantes en Galicia serán válidas a tódolos efectos. |