Competencia lingüística Os datos xerais do nivel de competencia lingüística deixan ver que sendo o galego unha das linguas minorizadas de Europa, posúe unha situación privilexiada e un contexto moi axeitado cara a acadar éxitos no desenvolvemento dunha planificación lingüística a prol da recuperación da normalidade plena do idioma. | |||
Niveis de coñecemento da lingua galega | |||
Enténdeo |
Sabe falalo |
Sabe lelo | Sabe escribilo |
O 97'1% que entende o galego, refírese a un entendemento "efectivo', cando os autores do MSG falan de entendemento "real" esta cifra aumenta ó 99'9%. Respecto á competencia oral, a "saber falalo", declara saber falar galego máis do 85% da poboación; incluso entre aqueles que tiveron o castelán como lingua inicial só unha mínima parte deles consideran nula a súa capacidade para falar galego. Esta elevada competecia oral átense independentemente das diferencias interxeracionais. Nas destrezas escritas (lectura e escrita) os datos son máis variados e xogan un papel máis importante a idade e o nivel de estudios entre outros. As porcentaxes son máis baixas que as de competencia oral activa e pasiva. Os resultados, considerando as circunstancias sociais da nosa lingua, non nos deben estrañar moito. Non podemos esquencer que o ensino obrigatorio se desenvolveu exclusivamente en castelán dende os seus comezos e, malia esta imposición e outros factores coñecidos, existe unha boa porcentaxe de poboación capacitada para ler e escribir na lingua que fala. No Mapa sinálase tamén como factor que "dado que o castelán acapara a maior parte do texto escrito, poida que non se sinta a necesidade de aprender a ler en galego..." Nas xeracións máis novas as porcentaxes soben respecto á capacidade de leren e escribiren en galego, así coma nas persoas con estudios medios ou universitarios; estes niveis son froito da introducción do galego nas diferentes atapas do ensino. |