Barra de navegacion



De tódalas linguas do marco plurilingüe do Estado Español, agás o castelán, o galego é a única que presenta unha vixencia maioritaria no seu territorio. Sondaxes realizadas nos últimos tempos sinalan que unha grande maioría da poboación galega fala galego.

Malia a realidade histórica, os habitantes de Galicia souberon conservar vivo o seu idioma. O mundo rural mantivo, en xeral, o monolingüísmo galego; a cidade presenta un panorama máis castelanizado, sen embargo a lingua galega segue a se-lo medio de expresión no ámbito privado.

A elaboración dende 1991 do Mapa Sociolingüístico Galego (MSG), a cargo do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega, permite hoxe en día dispoñer duns datos actualizados da nosa situación lingüística que han axudar á planificación de actuacións sobre a extensión do uso do galego.

Cómpre mencionar que antes da elaboración do MSG, contabamos cos resultados tirados dos datos censuais de 1991. A comunidade Autónoma de Galicia introduciu no censo de 1991 un conxunto de preguntas sobre o coñemento, activo e pasivo, e o uso da lingua galega. Do resultado desta enquisa conclúese que dun total de 2.659.578 persoas, entenden o galego 2.455.000 e 2.100.000 sábeno falar.
 


O Mapa Sociolingüístico recolle información sobre tres grandes areas da sociolingüística:

a) A competencia lingüística e
a lingua inicial;
b) Os usos lingüísticos:
c) As actitudes lingüísticas.




Portada do segundo volume do Mapa Sociolingüístico Galego.

Ir á situación legal do galego