Lingua habitual O Mapa Sociolingüístico Galego reflicte que o galego segue a se-la lingua habitual predominante en Galicia (68'6%), só un 10'8% utiliza exclusivamente o castelán. O bilingüísmo é a practica máis habitual e dentro del dáse "unha marcada preferencia polo galego". Tendo presentes as circunstancias históricas da nosa lingua, o feito de que sexa maioritaria na convivencia co castelán indica en que grao é lingua propia de Galicia. | |||
En que lingua falan habitualmente os/as galegos/as | |||
Só galego |
Máis galego |
Máis castelán |
Só castelán |
Si se produce unha caída interxeracional resulta perigosa para a superivencia do galego. As porcentaxes de monolingüismo ou de uso de "máis galego" diminúen dos avós dos entrevistados ós pais e destes ós propios entrevistados. Nas xeracións máis novas, no grupo de idade de 16 a 25 os galegofalantes habituais constitúen o 46'5% mentres entre os individuos de máis de 65 anos hai un 84'75% que fala exclusiva ou predominantemente galego. Na actualidade está a ser elaborado o III volume do MSG que recollerá as actitudes lingüísticas. Non embargantes, podemos indicar algún dos datos obtidos na comarca "piloto" de Ferrol-As Pontes. Esta comarca é unha zona, situada no norte da provincia da Coruña, que abrangue diferentes variables e, xa que logo, pode ser indicativa doutras áreas semellantes: comprende ámbito urbano, rural, costa e interior; é agrícola, mariñeira e industrial. Os datos respecto á preferencia de lingua de ensino dos pais para os seus fillos acadan un 55% a favor do galego como lingua vehicular da educación. Queda, pois, converte-las actitudes positivas cara á lingua en prácticas lingüísticas coherentes. Estes avances do MSG amosaron que un 80% da poboación é favorable á promoción do uso do galego. |
¿Qué opina vostede de que se intente que medre o uso do galego, de que se fomente? | |||||
Moi ben |
Ben |
Regular |
Mal |
Moi mal |
Indiferente |