Lingua Inicial


O galego é, conforme ós datos do Mapa, a lingua inicial da maior parte da poboación galega.

 

Porcentaxes de lingua inicial da poboación de Galicia
 
62'4% galego   25'6% castelán   11'4 bilingües iniciais   Outros



Cando valorámo-la idade, a presencia do galego como lingua inicial predomina a partir dos 26 anos e acentúase a partir dos 40. Non embargantes nas xeracións dos máis novos é o castelán a lingua inicial maioritaria con notorias variacións segundo o hábitat de nacemento. As porcentaxes de galegofalantes iniciais menores de 25 anos medran entre os entrevistados que teñen como hábitat de nacemento o rural e especialmente o "periurbano", que "comprende os núcleos xeográficamente distanciados da cabeceira en concellos urbanos pero cunha forte dependencia desta"

Distribución da poboación segundo o hábitat de nacemento
 
Hábitat %

urbano 17,2%

periurbano 3,7%

vilas 11,7%

rural-1 10,4%

rural-2 50%

nacidos fóra de Galicia 7,1%


O 11´4% de bilingües iniciais do total de Galicia proceden en grande parte dos sectores menos rurais. Son as cidades as que ofrecen unhas porcentaxes de bilingües iniciais máis elevadas.

Respecto ós cambios e lingua, non é frecuente atopar casos de abandono da lingua inicial pero, cando se producen, si hai diferencias nas razóns do cambio e nas idades, segundo sexa a súa lingua inicial. Así os galegofalantes iniciais incorporan a outra lingua moito antes cós castelanfalantes iniciais, sendo a adaptación ó medio a causa maioritaria nos dous casos. Sen embargo o ensino aparece máis veces como causa de cambio entre os primeiros (21'9%) ca entre os segundos, nos que baixa dez puntos a porcentaxe.

A familia constitúe o principal medio de adquisición do galego para os castelanfalantes iniciais. Con todo, estase a producir unha progresiva perda da lingua galega no ámbito familiar en beneficio da escola que se converte na canle alternativa de adquisición do galego entre os máis novos e no ámbito urbano.
 


Volver