Lexislación: Administración Local | ||
Lei 7/1985, do 2 de abril, regulamentadora das Bases do Réxime Local (B.O.E. do 3/4/1985, nº 80) Artigo 14 1.- Os cambios de denominación dos Concellos só terán carácter oficial cando, logo de seren anotados nun Rexistro creado pola Administración do Estado para a inscrición de tódalas Entidades a que se refire a presente Lei, se publiquen no «Boletín Oficial do Estado». 2.- A denominación dos Concellos poderá ser a tódolos efectos, en castelán, en calquera outra lingua española oficial na respectiva Comunidade Autónoma, ou en ámbalas dúas. |