Lexislación:
Administración Local


 

Orde do 31 de xaneiro de 1991 pola que se regulamentan cursos de formación en lingua galega para cadro de persoal das corporacións locais

(D.O.G. do 4/3/1991, nº 44)


Artigo 1º

1. Convócanse para o ano 1991:
a) Trece cursos de nivel medio para o cadro de persoal dos concellos e deputacións.
b) Trece cursos de nivel básico para o cadro de persoal dos concellos e deputacións.

2. Os cursos van dirixidos a formar un funcionario por corporación local en municipios con menos de 10.000 habitantes; dous funcionarios en municipios entre 10.000 e 50.000 habitantes; e catro funcionarios en municipios con máis de 50.000 habitantes de todo o territorio da Comunidade Autónoma galega.

3. A eles poderán asistir, independentemente do disposto no parágrafo anterior e por razóns de eficacia administrativa, o secretario da corporación correspondente.


ANEXO I
CURSO DE NIVEL MEDIO

1. Neles poderán participar todos aqueles funcionarios das corporacións locais que, ben tendo participado nos cursos de nivel básico celebrados a finais do pasado ano obtivesen no correspondente exame a calificación de apto, ben superasen os cursos de iniciación e perfeccionamento da Dirección Xeral de Política Lingüística, e aproben o exame propedéutico.

2. No ano 1992 convocaranse os cursos de especialización na EGAP, ós que poderán asistir aqueles que superen os cursos medios.

3. Os funcionarios que finalmente superen satisfactoriamente o Plan Integral de Estudios, e obteñan o diploma de traductor oficial de linguaxe administrativa local galega, estarán capacitados para exerce-las funcións de traducción dos documentos sinalados no artigo 1º da Lei 5/1988.


ANEXO II
CURSOS DE NIVEL BÁSICO

1. Neles poderán participar todos aqueles funcionarios das corporacións locais que non superasen as probas realizadas ó remate dos cursos básicos celebrados conforme á orde do 23 de maio de 1990, da Consellería da Presidencia e Administración Pública; ou aqueles que presten os seus servicios en favor de Concellos nos que ningún funcionario participase nos cursos arriba sinalados.


2. Neste mesmo ano convocaranse nas mesmas localidades cursos medios e logo da súa superación poderá acceder á EGAP para realiza-lo curso de especialización.

3. Os funcionarios que finalmente superen satisfactoriamente o Plan Integral de Estudios e obteñen o diploma de traductor oficial de linguaxe administrativa galega estarán capacitados para exerce-las funcións de traducción dos documentos sinalados no artigo 1º da Lei 5/1988.