Lexislación: Administración Local | ||
Resolución do 1 de marzo de 1988, da Secretaría de Estado para a Administración Pública, pola que se aproban as bases, baremos de méritos xerais e modelos ós que deberá axustarse a tramitación do concurso xeral de traslados para provisión definitiva de postos de traballo vacantes, reservados a funcionarios da Administración Local con habilitación de carácter nacional (B.O.E. do 11/3/1988) ANEXO 1 BASES Cuarta.- Os baremos específicos que, no seu caso, aproben as Corporacións Locais poderanse valorar libremente, entre outros méritos, o coñecemento da lingua oficial da Comunidade Autónoma, os cursos de perfeccionamento ou outros sobre temas locais efectuados polas Escolas de Funcionarios das Corporacións Locais ou das Comunidades Autónomas, sempre que superen as corenta horas lectivas, o incremento de puntuación dalgún ou dalgúns dos méritos recollidos no baremo xeral e calquera outro mérito relacionado obxectiva e proporcionalmente coas características do posto de traballo que considere conveniente a Corporación. Sexta.- A Dirección Xeral da Función Pública, antes do 31 de marzo de cada ano, procederá a publicar no «Boletín Oficial do Estado» a relación definitiva de tódolos postos de traballo vacantes reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional, indicando a data en que as Comunidades Autónomas deberán remiti-las convocatorias do concurso de méritos, para a súa publicación conxunta no Boletín Oficial do Estado. Sétima.- As convocatorias que aproben as Comunidades Autónomas publicaranse nos seus Boletíns Oficiais e deberán reflecti-la denominación e a clase do posto de traballo, a subescala a que se describe, así como os baremos específicos aprobados, no seu caso, polas Corporacións Locais, precisando se estas fixeron uso da facultade que lles confire o artigo 34 do Real Decreto 1174/1987 do 18 de setembro. | ||