Lexislación: Administración Local | ||
Resolución do 21 de marzo de 1991, da Dirección Xeral de Xustiza e Relación coas Corporacións Locais, pola que se convoca unha proba ou exame propedéutico de lingua galega para o persoal das corporacións locais (D.O.G. do 5/4/1991, nº 65) Artigo 1º 1. Convócase unha proba ou exame propedéutico de lingua galega, a través da Comisión Avaliadora de Xustiza e Administración Local, para aqueles funcionarios das corporacións locais que, tendo superados os cursos de iniciación e perfeccionamento convocados pola Dirección Xeral de Política Lingüística, queiran acceder ós cursos de nivel medio, sempre e cando reúnan os requisitos esixidos no artigo 1º, puntos 2, 3 e 4 da orde do 21 de xaneiro de 1991. Artigo 4º Os programas destas probas son os que figuran no anexo I a esta disposición. Artigo 5º As probas constarán de tres partes: 1. Traducción dun texto castelán para o galego. 2. Cinco cuestión prácticas e unha pregunta teórica do programa que figura no anexo I. 3. Unha proba de coñecemento oral, que se celebrará cando o determine a comisión avaliadora, para os que superen a proba escrita. | ||