Lexislación:
Administración Local


 

Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais

(B.O.E. do 22/12/86 e corrección de erros, B.O.E. do 14/1/87)


Artigo 86

1.- As convocatorias das sesións, as ordes do día, mocións, votos particulares, propostas de acordo e dictames das comisións informativas redactaranse en lingua castelá ou na lingua oficial da Comunidade Autónoma á que pertenza a entidade, de acordo coa lexislación aplicable e cos acordos adoptados respecto a iso pola correspondente Corporación.

2.- Nos debates poderanse utilizar, indistintamente, a lingua castelá ou a cooficial da Comunidade Autónoma respectiva.

Artigo 110

1.- Seralle aplicable á redacción das actas o disposto no artigo 86.1., en canto á utilización das linguas.
2.- A acta, unha vez aprobada polo Pleno, transcribirase no libro de Actas, autorizándoa coas sinaturas do Alcalde ou Presidente e do Secretario.

Artigo 201

As actas e resolucións redactadas en versión bilingüe transcribiranse ós libros correspondentes mediante o sistema de dobre columna, nunha para cada lingua, co fin de facilita-lo seu cotexo e uso.