Lexislación: Administración de Xustiza | ||
Certificacións literarias (B.O.E. do 8/3/1984, nº 58) Circular do 1 de marzo de 1984, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, sobre expedición por fotocopia de certificacións literais do Rexistro Civil. Primeira.- As certificacións literais expedidas por fotocopiadora ou procedementos análogos de reproducción expresarán antes da sinatura seguinte fórmula:«Rexistro Civil... Certifico que a presente certificación literal, expedida coa autorización prevista no artigo 26 do Regulamento do Rexistro Civil, contén a reproducción íntegra do asento correspondente obrante en... da Sección... deste Rexistro Civil». Segunda.- A continuación desta fórmula figurarán a data, o nome, o cargo e a sinatura de quen certifique, e o selo da oficina. Se a certificación ten varias follas asinaranse e selaranse todas. Teceira.- A fórmula indicada na norma primeira, así como a data e o cargo, ós que se refire a norma segunda, poderán tamén consignarse por decisión do encargado, ou se así o pide o solicitante, no idioma oficial da Comunidade Autónoma á que corresponda o Rexistro que expida a certificación. En todo caso esta fórmula de expedición bilingüe quedará limitada ás certificacións literais ás que alude o artigo 26 do Regulamento do Rexistro Civil. En tódalas demais actuacións do Rexistro Civil seguirase utilizando exclusivamente o idioma castelán. | ||