Lexislación:
Administración de Xustiza


 

Orde do 18 de abril de 1985, sobre renovación do documento nacional de identiadde para substitución do nome propio do seu titular polo seu equivalente en calquera das linguas españolas

(B.O.E. do 27/4/1985, nº 101)


Primeiro

1. A renovación do Documento Nacional de Identidade para subsituí-lo nome propio do titular pola súa traducción a calquera das Linguas españolas farase gratuitamente.

Segundo

Para efectuar esa renovación, os interesados ó formularen a solicitude deberán xustifica-lo cambio, acompañando unha certificación do Rexistro Civil no que conste a substitución, ou por medio do Libro de Familia, caso no que presentarán, xunto con este, unha fotocopia da páxina na que o Rexistro Civil estampará a dilixencia de substitución do nome para que, unha vez cotexada, quede arquivada no Equipo do Documento Nacional de Identidade, para constancia no mesmo.