Lexislación:
Administración de Xustiza


 

Orde do 26 de maio de 1988 (Ministerio de Xustiza) sobre certos modelos do Rexistro Civil

(B.O.E. do 6/6/1988, nº 135)


O tempo transcorrido (desde a promulgación da Orde do 24 de decembro de 1958) explica por si mesmo a necesidade de poñer ó día tales modelos, coa finalidade de recoller neles as reformas substantivas e rexistrais operadas desde entón na materia relacionada co estado civil da persoa. É ademais imprescindible que a redacción figure non só en castelán, senón nas demais linguas españolas que gozan de cooficialidade constitucional con aquel en certas Comunidades Autónomas, como así foi recoñecido polo artigo 86 do Regulamento do Rexistro Civil, na súa redacción polo Real Decreto 628/1987, do 8 de maio.

Artigo 2º

Nos territorios españois con idioma oficial propio, ademais do castelán, utilizaranse modelos bilingües, conforme as traduccións que figuran como anexo a esta Orde.