Lexislación: Administración de Xustiza | ||
Real Decreto 1917/1986 do 29 de agosto, de modificación de determinados artigos do Regulamento do rexistro civil (B.O.E. do 19/9/1986 nº 225) Artigo 86 Cos documentos non redactados en castelán e escritos en lingua antiga ou pouco intelixible, acompañarase traducción ou copia suficiente feita por Notario, Cónsul, traductor ou órgano ou funcionario competentes. Non é necesaria a traducción se ó encargado lle consta o seu contido. Artigo 205 O Ministerio de Xustiza pode autorizar cambios de nome e de apelido, logo de expediente instruído de forma regulamentaria. Artigo 206 Os cambios poden consistir en segregación de palabras, agregación, trasposición ou supresión de letras ou acentos, supresión de artigos ou partículas, traducción ou adaptación gráfica ou fonética ás linguas españolas, e en substitución, anteposición ou agregación doutros nomes ou apelidos ou parte de apelidos ou outros semellantes, dentro dos límites legais. As unións non poderán exceder de dúas palabras, se contar artigos nin particulas. O cambio de nome propio require xusta causa e que non prexudique a terceiro. Artigo 209 O Xuíz de Primeira Instancia, encargado do Rexistro, pode autorizar, logo de expediente: 5. A traducción do nome estranxeiro ou o axeitamento gráfico ás linguas españolas da fonética de apelido tamén estranxeiro. | ||