Lexislación:
Educación


 

Validación dos estudios de galego feitos nas escolas oficiais de idiomas polos cursos de iniciación e perfeccionamento

Orde do 28 de Marzo de 1989 pola que se validan os estudios de Galego feitos nas Escolas Oficiais de Idiomas polos cursos de Iniciación e Perfeccionamento.


De conformidade co disposto na Lei 3/1983, de Normalización Lingüística, esta Consellería,

DISPON:

Artigo primeiro


Validaráselle-lo curso de iniciación de lingua galega a aquelas persoas que teñan aprobado un curso de lingua galega nas Escolas Oficiais de Idiomas.


Artigo segundo.

Validaráselle-lo curso de perfeccionamento de lingua galega a aquelas persoas que teñan aprobados dous cursos de lingua galega nas Escolas Oficiais de Idiomas.


Artigo terceiro.

As validacións serán expedidas, a pedimento do interesado, pola Escola Oficial de Idiomas onde cursase os seus estudios, segundo o modelo oficial que figura no Anexo desta Orde.


DISPOSICION DERRADEIRA

Quedan derrogadas tódalas disposicións que contraveñen o disposto nesta Orde.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 1989.

Aniceto Núñez García
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria


ANEXO

O/A secretario/a da Escola Oficial de Idiomas de..., en virtude da Orde do 28 de marzo de 1989 (D.O.G. nº..., do ... de ... de 1989), pola que se validan os estudios de galego feitos nas Escolas Oficiais de Idiomas polos cursos de Iniciación e Perfeccionamento,

Outórgalle a...

A validación do/s curso/s de ... lingua galega, de acordo coa documentación que consta nesta secretaría.

..., ... de ... de 19...

O/A Secretario/a do Centro.

Asdo.: ...

O/A director/a do Centro,
Asdo.:...