Lexislación: Educación | ||
Validación dos cursos de iniciación e perfeccionamento para alumnos universitarios e licenciados (D.O.G.: Nº 27. 8/2/89) Orde do 19 de xaneiro de 1989, pola que se establece o procedemento para a concesión da validación dos cursos de iniciación e perfeccionamento da Lingua Galega para alumnos universitarios e licenciados. De conformidade co contemplado na Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüísitca, esta Consellería DISPÓN: Artigo primeiro. Validaráselle-lo curso de iniciación de Lingua Galega ós alumnos e licenciados que cursasen un ano de Lingua Galega na súa carreira. Artigo segundo. Validaráselle-lo curso de perfeccionamento da Lingua Galega ós alumnos e licenciados que cursasen, cando menos, dous anos de Lingua Galega na súa carreira. Artigo terceiro. Para obte-la validación dos cursos reseñados nos artigos anteriores, os interesados deberán face-la solicitude dirixida á Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, xuntando a correspondente certificación académica. Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 1989. Aniceto Núñez García Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria | ||