Lexislación:
Europea


 

Convenio europeo sobre notificación no estranxeiro de documentos en materia administrativa


Instrumento de Ratificación de 22 de xuño de 1987 do Convenio Europeo sobre a notificación no estranxeiro de documentos en materia administrativa, feito en Estrasburgo o 24 de novembro de 1977 (BOE, 2-10-1987; núm. 236).

Artigo 7.- Idiomas.

1. Cando un documento estranxeiro se deba notificar conforme ó disposto no apartado a) do parágrafo 1 e o parágrafo 2 do artigo 6 do presente Convenio non será necesario que vaia acompañado da súa traducción.
2. Non obstante, se o seu destinatario rexeitase a notificación dun documento por non entende-lo idioma en que está redactado, a autoridade central do Estado requirido tomará as disposicións necesarias para que o documento se traduza ó idioma oficial ou a un dos idiomas oficiais deste Estado. Así mesmo, poderá pedirlle a autoridade requirinte que faga traduci-lo documento ou que o acompañe dunha traducción no idioma oficial ou nun dos idiomas oficiais do Estado requirido.
3. Cando un documento estranxeiro se deba notificar conforme ó disposto no apartado b) do parágrafo 1 do artigo 6 e a autoridade central do Estado requirido así o solicite, o documento haberá de traducirse ou ir acompañado dunha traducción ó idioma oficial ou a un dos idiomas oficiais do Estado requirido.

Artigo 9.- Formularios de demanda e de certificación.

1. O cuestionario impreso no formulario modelo anexo ó presente Convenio estará redactado obrigadamente nun dos idiomas oficiais do Consello de Europa. Poderá estar redactado ademais no idioma oficial ou nun dos idiomas oficiais do Estado da autoridade requirinte.
2. Os espacios en branco correspondentes ó referido cuestionario cumprimentaranse ben no idioma oficial ou nun dos idiomas oficiais do Estado requirido, ou ben nun dos idiomas oficiais do Consello de Europa.