Lexislación:
A Función Pública e o Procedemento Administrativo


 

Código Penal


165

Incorrerá na pena de arresto maior de 100.000 a 1.000.000 de pesetas o particular encargado dun servicio público que, por razón da orixe, sexo, situación familiar ou pertenza ou non pertenza a unha etnia, raza, relixión, grupo político ou sindicato, dunha persoa, lle denegue unha prestación á que teña dereito.

As mesmas penas serán aplicables cando os feitos requiridos se cometan contra unha asociación, fundación ou sociedade ou contra os seus membros por mor da orixe, sexo ou situación familiar dos seus membros ou dalgún deles, ou por mor da pertenza ou non pertenza daqueles, ou dunha parte dos mesmos, a unha etnia, nación, raza ou relixión determinada.

181 bis

Os funcionarios públicos que cometan algún dos actos previstos no artigo 165 incorrerán na mesma pena no seu grao máximo e na de suspensión.

194

Incorrerá na pena de inhabilitación especial a autoridade ou o funcionario público que impida a unha persoa o exercicio dos dereitos cívicos recoñecidos polas leis.