Lexislación:
A Función Pública e o Procedemento Administrativo


 

Lei 30 / 1984, do 2 de agosto, sobre medidas para reforma da Función Pública

(B.O.E. do 3/8/1984, nº 185)


Artigo 19.- Selección do persoal:

1. Nas convocatorias para acceso á función pública, as Administracións Públicas no respectivo ámbito das súas competencias deberán preve-la selección de funcionarios debidamente capacitados para cubri-los postos de traballo nas comunidades Autónomas que gocen de dúas linguas oficiais.

Artigo 31.- Réxime disciplinario:

1. Consideraranse como faltas moi graves:
b) Toda actuación que supoña discriminación por razón de raza, sexo, relixión, lingua, opinión, lugar de nacemento, veciñanza ou calquera outra condición ou circunstancia social ou persoal.