Lexislación: Xeral Básica Lei 3/1983, do 15 de xuño de Normalización Lingüística | ||
Título I DOS DEREITOS LINGÜÍSTICOS EN GALICIA Artigo 1 O galego é a lingua propia de Galicia. Tódolos galegos teñen o dereito de coñecelo e de usalo. Artigo 2 Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal do galego e do castelán, linguas oficiais da Comunidade Autónoma. Artigo 3 Os poderes públicos de Galicia adoptarán as medidas oportunas para que ninguén sexa discriminado por razón de lingua. Os cidadáns poderán dirixirse ós xuíces e tribunais para obte-la protección xudicial do dereito a emprega-la súa lingua. | ||
Título II |