Lexislación: Xeral Básica | ||
Constitución española Artigo 3 1. O castelán é a lingua oficial do Estado. Tódolos españois teñen o deber de a coñecer e o dereito de a usar. 2. As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos. 3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección. Artigo 20 3. A Lei regulamentará a organización e o control parlamentario dos medios de comunicación social dependentes do Estado ou de calquera ente público e garantirá o acceso ós citados medios dos grupos sociais e políticos significativos, respectando o pluralismo da sociedade e das diversas linguas de España. Artigo 148 1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias: 17. O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma. | ||