|
|
Listaxe das últimas publicacións referenciadas por galego.org. (Actualizadas o 7 de abril de 1998)
Diccionario de seguros
- Wintterthur
"Diccionario dos Seguros", unha obra novidosa en canto á
lexicografía feita coa colaboración da Dirección
Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Diccionario Políglota do Tren
- A editorial Vía Libre, coa colaboración das
Consellerías de Educación e Cultura das comunidades
galega, basce e catalana e o patrocinio de empresas privadas, ten
editado o primeiro diccionario Políglota do Tren, da
autoría de Mario león. O traballo recolle
deficións, aproximadamente tres mil, nas súas
versións en alemán, catalán, eusquera,
francés, inglés e galego, a partir das
definicións en castelán.
Vocabulario xurídico - Aforismos e locucións
latinas castelán - galego / latín - galego
- Traballo realizado por Luis Rodríguez Ennes, decano da
Facultade de Dereito de Ourense e Luisa Blanco, baixo a
supervisión de Xosé María Pin, do SNL da
Universidade de Vigo.
Normas de etiquetaxe
- Colaboración do CIEMEN sobre a lexislación existente no
estado e na Unión Europea para a etiquetaxe
de productos vendibles. Está na versión orixinal en
catalán, pola súa facilidade de compresión, e
pódese baixar gratuitamente.
Primeiro Manual de Saúde Ambiental
- Publicado por edicións Lea, un traballo realizado polo doutor
Francisco Peña Castiñeira e prologado por J. Gestal
Otero, catedrático de Medicina Preventiva e Saúde
Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
O futuro do galego
- Obra de análise de Xan Bouzada e Anxo Lourenzo no que se
recolle basicamente unha perda de falantes por necesidade e un
aumento do número de falantes por vontade, ademais de
constatar que as actitudes respecto da lingua galega son, en xeral,
positivas.
Vocabulario Xurídico
- Vénse de publica-lo volume "Vocabulario xurídico -
Aforismos e locucións latinas castelán - galego /
latín - galego", traballo realizado por Luis Rodríguez
Ennes, decano da Facultade de Dereito de Ourense e Luisa Blanco,
baixo a supervisión de Xosé María Pin, do SNL da
Universidade de Vigo, unha ferramenta útil para os traballos
de supervisión e corrección lingüística.
|
|