Liñas de axudas para a promoción do galego:
Da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria-Dirección Xeral de Política Lingüística


 

A empresas privadas para accións de promoción da lingua galega


Obxectivo:
Promove-lo uso do galego como lingua propia de Galicia nas empresas privadas pola súa incidencia e implantación territorial e social.

Destinatarios:
Empresas privadas legalmente constituídas.

Accións subvencionables:
Utilización na documentación e información ó público das empresas.
Rotulación externa e interna de carácter permanente.

Convocatoria:
Realízase a través do Diario Oficial de Galicia. Soe saír publicada entre o último mes de cada exercicio orzamentario e o primeiro trimestre do seguinte.


    Seguinte