Liñas de axudas para a promoción do galego: | ||
Da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria-Dirección Xeral de Política Lingüística - A empresas privadas para accións de promoción da lingua galega - A edición de suplementos didácticos e promoción da lingua galega - A entidades sen fins de lucro para actividades de promoción da lingua galega - A entidades sen fins de lucro para cursos e outras actividades formativas - Á edición de libros e materiais didácticos en galego para niveis non universitarios - Para o estudio e a investigación da linguaxe xurídico-administrativa - Orde do 12 de novembro de 1996 pola que se convocan cursos de iniciación e de perfeccionamento de lingua galega para mestres e profesores de secundaria, de ensinanzas especiais e de formación profesional, dos centros públicos, privados e privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia. - Orde do 13 de novembro de 1996 pola que se regula a concesión de subvencións ás entidades e institucións sen fin de lucro para a realización de cursos e doutras actividades formativas de lingua galega. - Orde do 25 de novembro de 1996 pola que se regula a concesión de subvencións ás reais academias, colexios profesionais, asociacións de empresarios, cámaras de comercio e entidades análogas para a realización de actividades de promoción da lingua galega. - Orde do 26 de novembro de 1996 pola que se regula a concesión de subvencións a empresas privadas para accións de promoción da lingua galega. - Orde do 9 de xaneiro de 1997 pola que se aproban as bases que rexerán o concurso público de oito bolsas para estadías de persoal dos centros de estudios galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro. |