Liñas de axudas para a promoción do galego: Da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria-Dirección Xeral de Política Lingüística | ||
Para o estudio e a investigación da linguaxe xurídico-administrativa Obxectivo: Poñe-los medios necesarios para contar cunha lingua precisa e suficientemente desenvolvida, especialmente en ámbitos fundamentais coma o xurídico-administrativo. Destinatarios: Institucións xurídico-administrativas galegas sen ánimo de lucro. Accións subvencionables: Realización de actividades en lingua galega que fomenten o estudio, a investigación e a promoción da linguaxe xurídico-administrativa no ámbito da Comunidade Autónoma. Convocatoria: Realízase a través do Diario Oficial de Galicia. Soe saír publicada entre o último mes de cada exercicio orzamentario e o primeiro trimestre do seguinte. | ||
Anterior | Seguinte |