Liñas de axudas para a promoción do galego: Da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria-Dirección Xeral de Política Lingüística | ||
Á edición de libros e materiais didácticos en galego para niveis non universitarios Obxectivo: Contribuír ó fomento do libro galego, con medidas que potencien a producción editorial para a promoción e ensino da lingua galega. Destinatarios: Editoriais que, estando legalmente constituídas como empresas privadas, elaboren material escolar en lingua galega, consonte co disposto na lexislación vixente. Accións subvencionables: Edicións de libros e materiais didácticos en lingua galega para os niveis de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, posobrigatoria (bacharelato, Formación Profesional, módulos profesionais), educación especial e educación permanente de adultos. Tamén se poden acoller aqueles libros destinados a ensinanzas especializadas non regradas. Convocatoria: Realízase a través do Diario Oficial de Galicia. Soe saír publicada entre o último mes de cada exercicio orzamentario e o primeiro trimestre do seguinte. | ||
Anterior | Seguinte |