Liñas de axudas para a promoción do galego: Da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria-Dirección Xeral de Política Lingüística | ||
A entidades sen fins de lucro para cursos e outras actividades formativas Obxectivo: Promove-la realización de cursos e doutras actividades formativas de lingua galega que lles permitan un mellor coñecemento do idioma a aqueles cidadáns reunidos ou representados en entidades e institucións sen fins de lucro para que este importante sector da sociedade acade un dominio oral e escrito do noso idioma. Destinatarios: Entidades e asociacións sen fins de lucro (agás entidades da Administración local) legalmente constituídas na nosa Comunidade Autónoma ou fóra dela. Accións subvencionables: Cursos de iniciación e perfeccionamento da lingua galega. Outras actividades formativas. Convocatoria: Realízase a través do Diario Oficial de Galicia. Soe saír publicada entre o último mes de cada exercicio orzamentario e o primeiro trimestre do seguinte. | ||
Anterior | Seguinte |