Liñas de axudas para a promoción do galego: Da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria-Dirección Xeral de Política Lingüística | ||
A entidades sen fins de lucro para actividades de promoción da lingua galega Obxectivo: Colaborar economicamente coas asociacións e institucións sen fins de lucro que desenvolvan accións a prol da extensión do uso social do galego. Destinatarios: Entidades e asociacións sen fins de lucro (agás entidades da Administración local) legalmente constituídas na nosa Comunidade Autónoma ou fóra dela. Accións subvencionables: Actividades de promoción da lingua galega, con prioridade a aquelas que lle dean permanencia á presencia do galego e ás actividades de asesoramento lingüístico permanente. Organización de simposios, congresos e xornadas. Convocatoria: Realízase a través do Diario Oficial de Galicia. Soe saír publicada entre o último mes de cada exercicio orzamentario e o primeiro trimestre do seguinte. | ||
Anterior | Seguinte |