Lexislación: Administración Militar | ||
Lei Orgánica 2/1989, do 13 de abril, procesual militar (B.O.E. do 18/4/1989, nº 92) Artigo 71 En tódalas actuacións xudiciais, os membros dos órganos xudiciais militares e os da Fiscalía Xurídico Militar usarán o castelán, lingua oficial do Estado. As partes, os seus representantes e quen os dirixa, así como as testemuñas e peritos, poderán utilizar, ademais do castelán, a lingua oficial da Comunidade Autónoma no territorio da cal teñan lugar as actuacións xudiciais, tanto en manifestacións orais coma escritas. Se algún dos intervenientes nas actuacións mencionadas alega non coñece-la propia da Comunidade Autónoma, advertirao previamente para efectos de que o órgano xudicial habilite como intérprete calquera persoa coñecedora da lingua empregada, logo de xuramento ou promesa daquela. As actuacións xudiciais realizadas e os documentos presentados no idioma oficial dunha Comunidade Autónoma dentro do seu territorio, terán plena validez e eficacia. Non obstante, procederase de oficio á súa traducción ó castelán. |