Lexislación: Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos | ||
Disposicións Finais Primeira Esta Declaración propón a creación do Consello das Linguas no seo das Nacións Unidas. Correspóndelle á Asemblea Xeral das Nacións Unidas a creación e a definición deste Consello así como das persoas que deben compoñelo, e a creación do organismo de dereito internacional que debe ampara-las comunidades lingüísticas nos dereitos recoñecidos nesta Declaración. Segunda Esta Declaración propugna e promove a creación dunha Comisión Mundial de Dereitos Lingüísticos de natureza non-oficial e de carácter consultivo, formada por representantes de ONGs e entidades do ámbito do dereito lingüístico. Barcelona, xuño de 1996. | ||
Disposicións Adicionais |