Lexislación: Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos | ||
Disposicións Adicionais Primeira Os poderes públicos deben de tomar tódalas medidas oportunas para a aplicación dos dereitos proclamados nesta Declaración no seu ámbito de actuación, concretamente deben habilita-los fondos internacionais para que as comunidades ostensiblemente faltas de recursos poidan exerce-los Dereitos Lingüísticos. Do mesmo xeito, os poderes públicos deben aporta-lo apoio necesario para a codificación, a transcrición escrita, o ensino das linguas das diversas comunidades e a súa utilización na administración. Segunda Os poderes públicos deben garantir que as autoridades, as organizacións e as persoas concernidas sexan informadas dos dereitos e os deberes correlativos que se desprenden desta Declaración. | ||
Sección VI | Disposicións Finais |