Lexislación: Xeral Básica Lei 3/1983, do 15 de xuño de Normalización Lingüística | ||
Disposicións Adicional e Final DISPOSICIÓN ADICIONAL Nas cuestións relativas á normativa, actualización e uso correcto da lingua galega, estimarase como criterio de autoridade o establecido pola Real Academia Galega. Esta normativa será revisada en función do proceso de normalización do uso do galego. DISPOSICIÓN FINAL A presente Lei entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1983 Gerardo Fernández Albor Presidente | ||
Título VI |