Lexislación: Xeral Básica Lei 3/1983, do 15 de xuño de Normalización Lingüística | ||
Título IV O USO DO GALEGO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN Artigo 18 O galego será a lingua usual nas emisoras de radio e televisión e nos demais medios de comunicación social sometidos a xestión ou competencia das institucións da Comunidade Autónoma. Artigo 19 O Goberno Galego prestará apoio económico e material ós medios de comunicación non incluídos no artigo anterior que empreguen o galego dun xeito habitual e progresivo. Artigo 20 Serán obrigas da Xunta de Galicia: 1. Fomenta-la producción, a dobraxe, a subtitulación e a exhibición de películas e outros medios audiovisuais en lingua galega. 2. Estimula-las manifestacións culturais, representacións teatrais e os espectáculos feitos en lingua galega. 3. Contribuír ó fomento do libro en galego, con medidas que potencien a producción editorial e a súa difusión. | ||
Título III | Título V |