Vocabularios:
Terminoloxía do futbol


 

Accións de xogo


amoestación: Vid. *amonestación.

* amonestación, s. f. (cast. amonestación): a forma correcta é amoestación. Do mesmo xeito diremos amoestar.

barreira, s. f. (cast. barrera): "disposición adoptada polos xogadores dun equipo para evita-lo tiro directo á portería".

cabecear, v. (cast. cabecear): "darlle coa cabeza ó balón".

canear, v. (cast. canear): "sortear, eludir un xogador contrario co balón".

# córner: voz inglesa totalmente incorporada ó mundo do futbol. No canto de córner, podemos utilizar expresións como saque de canto e saque de esquina. O plural é córneres.

chapar, v. (cast. chapar): "bloquear un balón coas mans".

chutar, v. (cast. chutar): "golpea­p;la pelota co pé".

cartón amarelo/vermello: Vid. *tarxeta roxa/amarela.

despexar, v.(cast. despejar): "despedi­p;la pelota ou o balón sen retelos."

* desplazar (o balón): a forma correcta é co grupo consonántico /pr/, isto é, desprazar.

despraza-lo balón: Vid. *desplazar (o balón).

fóra de xogo, (cast. fuera de juego): "acción de xogo que debe ser sancionada polo árbitro".

golpe franco, s. adx. (cast. golpe franco): "falta simple".

man, s. m. (cast. mano): "acción de tocar un xogador coa man a pelota, agás o porteiro sempre dentro da área, e que debe ser sancionada polo árbitro".

parede, s. f. (cast. pared): "acción de xogo que esixe a participación dous xogadores do mesmo equipo".

prancha, s. f. (cast. plancha): "golpear cos tacos das botas cara a fóra o coiro ou un xogador".

punteirolo, s. m. (cast. punterazo): "patadón dado coa punteira". (Exm. O dianteiro marcou un gol dun forte punteirolo.).

saque de porta, s. (cast. saque de puerta): "saque que se realiza dende a portería cando o balón saíu pola liña de fondo impulsado por un xogador contrario".

* tarxeta roxa/amarela, s. f. (cast. tarjeta roja /amarilla): a expresión "tarxeta amarela/roxa" debe ser substituída por cartón vermello/amarelo.

tiro de costas, s. (cast. tiro de espaldas): "lanzamento de forma que o xogador fai unha pirueta e envía o balón de espaldas a el". No ámbito futbolístico coñécese tamén como chilena.

troco de xogadores, s. m. (cast. cambio de jugadores): "substitución ou cambio dun xogador que está no campo por un dos suplentes".


  Campo de futbol