Vocabularios:
Terminoloxía do futbol


 

Campo de futbol


área (a), s. (cast. área): "voz feminina que designa unha parte da pista ou campo de xogo onde se exerce a súa acción o porteiro". (Exm. A área de castigo; a área grande; a área pequena).

bancadas, s. (cast. gradas): "conxunto de asentos ou chanzos dispostos a xeito de anfiteatro para que o público presencie sentado un espectáculo". Vid. *gradas.

banco ou banquiño, s. (cast. banquillo): Vid. *banquillo.

* banquillo: a forma correcta é banco ou banquiño.

* banderín: a forma correcta é bandeirola.

bandeirola (de esquina), s.f. (cast. banderín): Vid. *banderín.

* cesped: a forma correcta é cespede.

céspede, s. (cast. cesped): Vid. *cesped.

círculo central, s. (cast. circulo central): "zona central do campo de xogo".

* gradas/*graderíos: castelanismo que se debe rexeitar pola forma galega bancadas.

largueiro, s. (cast. larguero): "pao horizontal que une os dous extremos da portería". Tamén se di traveseiro.

* línea de banda/fondo/media: é incorrecto o termo *linea. A forma galega é liña.

liña de banda/fondo/media, s. f. (cast. linea): Vid.*linea de banda

meta, s. (cast. meta): tamén se lle chama portería.

# penalti, s.m.: termo procedente do inglés que designa o máximo castigo en determinados deportes. O seu plural é penaltis. Débese evita-los anglicismo gráficos *penalty/*penaltys.

portería, s. (cast. porteria): tamén se di meta.

poste, s. (cast. poste): "cada un dos soportes verticais da portería".

punto de esquina/córner: Vid.#córner.

punto de penalti: Vid. #penalti.

rede, s. f. (cast. red): tamén se di malla.

* tableiro: a forma correcta é taboleiro.

taboleiro, s. m. (cast. tablero): tamén se di marcador. Vid. *tableiro.

traveseiro, s. m. (cast. travesero): "pao horizontal que une os dous extremos da portería". Tamén se di largueiro

tribuna, s. f. (cast. tribuna): "espacio cuberto provisto de bancadas".

valo publicitario, s. f. (cast. valla publicitaria): "panel no que se coloca a propaganda".

* valla publicitaria: Vid. valo publicitario.


  Participantes    |    Accións