Vocabularios: Terminoloxía do futbol | ||
Participantes no xogo adestrador/a, s.m. (cast. entrenador): "persoa que prepara os deportistas para que manteñan a forma e disciplina". Vid. *entrenador. adestrar, v. (cast. entrenar): "ensinar e disciplina-los deportistas para practicar unha actividade deportiva". Vid. *entrenar. afeccionado/a, s. m. (cast. aficcionado) "persoa moi entusiasta dun equipo". Tamen se di siareiro, seguidor. Vid. *aficcionado. * aficcionado/a: a forma correcta é afeccionado. árbitro, s.(cast. árbitro): "persoa que nas competicións deportivas aplica o regulamento". banco ou banquiño, s.m. (cast. banquillo): Vid. *banquillo. * banquillo: a forma correcta é banco ou banquiño capitán/a, s. (cast. capitán/sa): "portavoz dos xogadores dun equipo deportivo". central, s. (cast. central): "xogador que se sitúa no centro da defensa". centrocampista, s.m. (cast. centrocampista): "xogador que se move polo centro do campo". defensa, s. (cast. defensa): 1. "liña defensiva de certos deportes"; 2. "nome que recibe algún xogador no futbol e noutros deportes pola súa posición e función defensiva no campo". dianteiro/a, s. (cast. delantero): "xogador que está na primeira liña de xogo". * entrenador: castelanismo non aceptable que debe ser substituído por adestrador * entrenar: a forma correcta é adestrar. extremo, s.m (cast. extremo): "xogador que se move polas bandas. No futbol ocupa un posto no ataque". fichaxe, (a) s.f. (cast. fichaje): "voz feminina coa que se designa a inscrición dun xogador nun equipo". (Exm. O noso equipo fixo unha boa fichaxe esta tempada.) gardameta, s. m. (cast. guardameta): tamén se di porteiro ou cancerbeiro. * hincha: castelanismo incorrecto que debe ser substituído por siareiro, afeccionado ou seguidor. lateral, s. (cast. lateral): "deportista ou xogador que, en diversos deportes, cobre un lado do campo de xogo". # líbero: "italianismo que utilizamos para designa­p;lo xogador que actuando de defensa non ten unha posición fixa". A expresión defensa libre resulta máis recomendable. # linier: é un galicismo inaceptable que se introduciu na linguaxe futbolística a través do castelán. Debe ser substituído pola expresión xuíz de liña. Vid. xuíz de liña. masaxista, s. (cast. masajista): Vid. *maxaxista * maxaxista: a forma correcta é masaxista. porteiro/a, s. (cast. portero/a): tamén se di gardameta ou cancerbeiro. preparador/a físico/a, s. e adx. (cast. preparador físico): "persoa que se encarga de prepara­p;los deportistas para que manteñan o estado físico apropiado para o deporte que practican". siareiro/a, s. (cast. aficionado): "persoa entusiasta dun equipo". Vid. *hincha. suplente, s. (cast. suplente): "xogador que non xoga habitualmente ou que non figura nas formacións iniciais. xuíz/a de liña, s. (cast. juez de línea): "axudante que asesora ó árbitro dun partido desde fóra das liñas laterais do campo de xogo". Vid. #linier. | ||
Material | Campo de futbol |