Vocabularios: Terminoloxía do futbol | ||
Material Amalló, s. m. (cast. cordón): "corda ou tira de coiro ou doutro material, que se usa para ata-lo calzado ou para suxeitar algo". Tamén se di cordón ou amalloa. amalloeira/lingueta, s. f. (cast. lengüeta): "tira de pel sobre a cal cerran os amallós dos zapatos ou que protexe o peito do pé". balón: tamén se di coiro/pelota biqueira, s.f. (cast. puntera): "punteira, reforzo exterior da punta do zapato ou bota". botas, s.f. (cast. bota): "calzado deportivo que nalgúns deportes, especialmente en futbol, leva uns 'tacos' na parte inferior co fin de non esvarar". * botiquín: a forma correcta é caixa de urxencias. brazal de capitán, s.m. (cast. brazalete): "especie de pulseira de tea que se leva no brazo. En futbol o 'brazal' é o distintivo do capitán". Tamén se di braceira. * brazalete: a forma correcta é brazal. caixa de urxencias, s.f. (cast. botiquín): Vid. *botiquín * camilla: a forma correcta é padiola. * camilleiro: a forma correcta é padioleiro. camiseta/camisola, s.f. (cast. camiseta): "prenda deportiva que cobre torax e brazos usada como uniforme polos deportistas". cores (as), s.f. (cast. colores): este termo en plural designa o uniforme distintivo dun clube. Exemp.: "Os xogadores defenderon as cores do seu clube". coxinado de escuma, s,m. (cast. protector): "complemento deportivo utilizado especialmente polos porteiros para protexe-lo peito e outras partes do corpo". chándal, s.m. (cast. chandal): Voz procedente de francés chandail que designa unha prenda de vestir utilizada especialmente polos deportistas nos adestramentos. O plural é chándales. * espinillera: castelanismo non aceptable. A forma galega é protector das canelas. Vid. protector das canelas. guantes, s.m. (cast. guantes): Vid. luvas luvas, s.f. (cast. guantes): "prenda que serve para colocar axustada nas mans e nos dedos para protección". Tamén se di guantes. medias, s. m. (cast. medias): "calza pequena que cobre a perna ata os xeonllos". * pabellón: a forma correcta é pavillón. padiola, s.f. (cast. camilla): "especie de angarella formada por un taboleiro ou tea rectangular e máis dous varais; serve para transportar obxectos ou persoas, especialmente feridos". Vid. *camilla padioleiro, s.m. (cast. camillero): "persoa encargada de tansportar obxectos ou persoas , especialmente feridos, en padiola". Vid.*camilleiro pavillón, s.m. (cast. pabellón): "construcción dedicada a prácticas deportivas". Vid. *pabellón. protector das canelas, s.m. (cast. espinilleras): "complemento deportivo que serve para protexe-lo óso da tibia ou canela". Vid. *espinillera. * rodilleras: a forma correcta é xeonlleiras. suadoiro. s.m. (cast. sudadera): "prenda deportiva que cobre a parte superior do corpo utilizada na práctica dunha actividade deportiva". Substantivo masculino. Vid. *sudadera. * sudadera: o termo correcto é suadoiro. tacos das botas, s.m.: Vid. botas. xeonlleiras, s.f. (cast. rodilleras): "complemento deportivo que serve para protexe-los xeonllos". Tamén se di protector dos xeonllos. Vid. *rodilleras. vestiario, s.m. (cast. vestuario): "lugar para cambiar ou garda-la roupa". Vid. *vestuario. * vestuario: a forma correcta é vestiario. | ||
Locucións e frases feitas | Participantes |