Vocabularios: Terminoloxía do futbol | ||
Dúbidas e formas incorrectas máis frecuentes Aboar, v. (cast. abonar): "pagar unha cantidade de diñeiro"; non confundir con abonar(se). Abonar(se), v. (cast. abonar): "subscribirse a unha publicación ou entidade". Non ten a acepción de "botar fertilizantes á terra", isto é, "fertilizar". * Alquilar: a forma correcta é alugar. * Alquiler: a forma correcta é alugamento. Alugamento, s.m. (cast. alquiler): Vid.* Alquiler. Alugar, v. (cast. alquilar): Vid. *alquilar. Apelido, s.m. (cast. apellido): Vid. *apellido. * Apellido: a forma correcta é apelido. * Archivo: a forma correcta é arquivo. Arquivo, s.m. (cast. archivo): Vid. *archivo. Amizade, s.f. (cast. amistad): Vid. *amistade. * Amistade: a forma correcta é amizade. * Amistoso: a forma correcta é amigable. * Antigüedad: a forma correcta é antigüidade. Antigüidade, s.f. (cast. antigüedad): Vid. antigüedad. * Asamblea: a forma correcta é asemblea. Asemblea, s.f. (cast. asamblea): Vid. *asamblea. Asinar, v, (cast. firmar): Tamén se di firmar. * Calificación: esta é unha forna inexistente en galego. A forma correcta é cualificación. Calidade, s.f. (cast. calidad/cualidad): "propiedade ou conxunto de propiedades que constitúen a maneira de ser de alguén ou de algo". * Calle: é un castelanismo non aceptable. A forma galega correcta é rúa. Cesar, v. (cast. cesar): en galego este verbo é sempre intransitivo, polo tanto non é correcta a construcción suxeito+ verbo "cesar"+ obxecto directo (Exmp.: O novo Director cesou o secretario xeral). Nestes casos debemos utilizar verbos como "destituír ou separar". Podemos utiliza-lo verbo "cesar" cando a acción é por vontade propia (O secretario cesou do seu cargo). * Cese: a forma correcta é cesamento. Cesamento, s.m. (cast. cese): "acción de cesar". Vid. *cese. * Comenzar: a forma correcta é comezar. Comezar, v. (cast. comenzar): Vid. *comenzar. * Coiuntura: a forma correcta é conxuntura. Conxuntura, s.f. (cast. conyuntura): Vid. *coiuntura. Cota, s.f. (cast. cuota; cupo): Vid. *cupo. * Cualidade: a forma correcta é calidade. Cualificación, s.f. (cast. calificación): 1. "acto de cualificar, determinar ou atribuírlle a alguén ou algo unha cualidade"; 2. "palabra ou número co que se cualifica ou establece o grao da perfección de algo". Vid.*Calificación. Cumprimentar s.m. (cast cumplimentar): este verbo en galego só posúe a acepción de "facerlle os parabéns a alguén"; sen embargo non é correcto na acepción de "cubrir papeis ou documentos", que será traducida por "cubrir". * Cuota: a forma correcta é cota. * Cupo: voz exclusivamente castelá. A forma galega na acepción de "parte ou cantidade que toca a por asignación a cada un" é cota. Data, s.f. (cast. fecha): Vid. *fecha. Debater, v. (cast. debatir): verbo da segunda conxugación. Non é correcto *debatir. * Deuda: a forma correcta é débeda. Débeda, s.f. (cast. deuda): Vid. *deuda. * Derogar: a forma correcta é derrogar. Derrogar. v. (cast derogar): 1. "abolir, deixar sen validez unha lei". 2. "destruír". Vid. *derogar. * Desenrolo: a forma correcta é desenvolvemento. Desenvolvemento, s. m. (cast. desarrollo): Vid. *desenrolo. * Devengar: é un castelanismo incorrecto en galego. Segundo o contexto terá unha ou outra acepción e variará a forma; a acepción máis frecuente tradúcese como "ter dereito a percibir". (Exem. Os directivos teñen dereito a percibir unha cantidade fixa para gastos). Dictame, s.m. (cast. dictamen): "opinión ou xuízo que se emite sobre algo". * Dirección: é pouco correcto utilizar este termo co significado de "lugar de residencia". A forma correcta en galego é enderezo. Vid. enderezo. * Edad: a forma correcta é idade. Enderezo, s.m. (cast. dirección): Vid. *dirección. Estándar, s.m. (cast. estándar): Vid. *stándar. Podemos utilizar sinónimos como patrón, norma, tipo, regra ou modelo. Estender, v. (cast. extender): Vid. *extender. Estranxeiro, -a , s. (cast. extranjero): Vid. *extranxeiro,. * Extranxeiro: a forma correcta é estranxeiro. * Extender: a forma correcta é estender. * Estensión: a forma correcta é extensión. Extensión, s.f. (cast. extensión): Vid. estensión. Fallar, v., (cast. fallar): non é equivalente ó castelán "fallar" coa acepción de "decidir, dictaminar". A forma galega para esta acepción é "decidir, dictaminar, xulgar" (Exem. O Comité dictaminou a sanción dos dous xogadores) Fallo, s.m. (cast. fallo): ocorre o mesmo que co verbo "fallar". Na acepción de "decisión" deben utilizarse as formas "dictame, decisión, resolución, sentencia". * Fecha: voz castelá. Vid. data. * Financiación: a forma correcta é financiamento. * Finanzamento: a forma correcta é financiamento. Financiamento, s.m. (cast. financiación): Vid. *Financiación. * Futbol, s.m. (cast. fútbol): forma adaptada que representa a pronuncia do termo inglés "football". É voz aguda. Incorrer, v. (cast. incurrir): "caer nun erro, delicto ou culpa". Verbo da segunda conxugación. * Inversión: a forma correcta é investimento. O termo inversión designa en galego o acto de inverter, "cambia-la posición ou orde de algo". Investimento, s.m. (cast. inversión): "Acto de investir, isto é, empregar cartos en algo". Idade, s.f. (cast. edad): Vid. *edad Labor, s. m.: este substantivo é masculino. ( Ex. O labor de adestrar un equipo non é tarefa fácil). * Nombre: a forma correcta é nome. Nome, s.m. (cast. nombre): Vid. *nombre. * Obligación: a forma correcta é obrigación. Obrigación, s.f. (cst obligación): Vid. Obligación. * Otorgar: a forma correcta é outorgar. Outorgar, v. (cast. otorgar): Vid. *otorgar. Orzamento, s.m. (cast. presupuesto): Cálculo anticipado do custo dunha obra ou dun servicio. Vid. *presupuesto. Padroado, s.m. (cast. patronato): Vid. *patronato. * Patronato: castelanismo non aceptable. A forma galega é padroado. * Presuposto: a forma correcta é orzamento. Parágrafo, s.m. (cast. párrafo): Vid. *párrafo. * Párrafo: a forma correcta é parágrafo. Pertencer, v. (cast. pertenecer): Vid. pertencer. * Pertenecer: a forma correcta é pertencer. * Precio: a forma correcta é prezo. * Perxuízo: a forma correcta é prexuízo. Prexuízo, s.m. (cast. perjuicio): 1. "perda dalgún ben ou vantaxe que tiña alguén"; 2. "opinión preconcibida". * Perxudicar: a forma correcta é prexudicar. Vid. prexudicar Prexudicar, v. (cast. perjudicar): Vid. *prexuízo. Prezo, s.m. (cast. precio): Vid. *precio. Recorrer, v. (cast. recurrir;): 1 "interpoñer un recurso nun asunto xudicial"; 2 "pedir axuda, botar man de, valerse". * Recurrir: a forma correcta é recorrer. * Regla: a forma correcta é regra. * Reglamentar: a forma correcta é regulamentar. Regulamentar, v. (cast. reglamentar): *Reglamentar. * Reglamentario: a forma correcta é regulamentario. Regulamentario, adx. (cast. reglamentario): Vid. *reglamentario. Regra, s.f. (cast. regla): Vid. *regla. * Resume: é unha forma incorrecta. A voz galega é resumo. Resumo, s.m. (cast. resumen): Vid. *resume. Rúa, s.f. (cast. calle): Vid. *calle * Saludo: a forma correcta é saúdo. Saúdo, s.m. (saludo): Vid. *saludo. * Standard. s.m. e adx.: forma inglesa que debe ser substituída pola forma adaptada galega "estándar". Vid. estándar. Substituír, v. (cast. sustituir): Vid. *sustituir. * Sustituir: a forma correcta é substituír. Subscrición, s.f. (cast. suscripción): Vid. *suscripción. * Suscripción: a forma correcta é subscrición. Tempada, s.f. (cast. temporada): tamén se di temporada. Temporada, s.f. (cast. temporada): tamén se di tempada. Vantaxe, s.f. (cast. ventaja): Vid. *ventaxa. * Ventaxe: a forma correcta é vantaxe. Xuntanza, s. f. (cast. junta, reunión): tamén se di reunión. | ||
Locucións e frases feitas |