Biblioteca: Propostas de normalización lingüística na administración local A Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística | ||
Capítulo Duodécimo: do impulso institucional Artigo XXXII 32.1 De acordo co establecido no artig 25 da Lei de normalización lingüística do Galego, o Concello de ..... fomentará a normalización do uso do galego nas actividades mercantís, publicitarias, asociativas, culturais, deportivas e calquera outra dentro de ámbito municipal. 32.2. Das tarefas que se realicen para impulsar institucionalmente no Municipio de ........, ocuparase o Servicio de normalización lingüística. 32.3. Tódolos organismos do Concello de ...... impulsarán a normalización lingüística no seu ámbito de actuación co soporte técnico do Servicio de normalización lingüística e de acordo cos criterios que establece a Comisión de seguimento desta ordenanza. 32.4. O Concello de ....... poderá outorgar reduccións ou exencións de obrigas fiscais para as actuacións relacionadas coa normalización lingüística, conforme co artigo 25 da Lei de normalización lingüística.»» | ||
Capítulo Undécimo |