Biblioteca:


 

Propostas de normalización lingüística na administración local


O marco legal actualmente vixente en Galicia posibilita a utilización do galego en tódolos ámbitos, vivimos nunha Comunidade na que a maioría da poboación fala e entende o galego pero, non obstante, as dúas linguas oficiais aínda siguen tendo unha diferente consideración social.

Corrixir esta situación e facer do galego a lingua normal de comunicación nas funcións públicas é unha obriga e unha responsabilidade de tódalas administracións actuantes en Galicia.

A Administración local, por se-la que está en contacto máis directo coa cidadanía, pode e debe contribuír decisivamente á normalización da nosa lingua. Por este motivo, dedicaremos este epígrafe a informar sobre algunhas iniciativas que as corporacións locais, no exercicio das súas competencias, poden levar a cabo para aumenta-la conciencia lingüística e promove-la extensión do uso do galego.

Nesta sección descríbense, a título orientativo, algunhas medidas que xa se puxeron en práctica en moitos concellos e, xa que logo, teñen unha efectividade contrastada. Facemos especial fincapé no carácter orientativo das propostas porque, aínda que é factible aplicalas en calquera concello, correspóndelle a cada corporación local adpatalas ás súas propias peculiaridades, melloralas e mesmo transcendelas; noutras palabras, trátase de proporcionarlle a cada concello toda a información da que dispoñemos para que poida defini-los pasos a dar e o ritmo a seguir neste proceso.


A ordenanza municipal de normalización lingüística

Os dereitos lingüísticos do persoal ó servicio das entidades locais

A esixencia do coñecemento do galego para o acceso á condición de persoal ó servicio das corporacións locais de Galicia

O servicio e a comisión municipal de normalización lingüística. Algunhas medidas normalizadoras

A Formación dos cadros de persoal das entidades locais