Biblioteca:
Propostas de normalización lingüística na administración local


 

A Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística


A lexislación vixente debuxa un marco xeral que compromete ós poderes e institucións públicas na tarefa da normalización da lingua galega.

Paralelamente, nunha sociedade como a galega, na que existen dúas linguas oficiais, un organismo ou unha empresa teñen que definir que lingua/s van empregar en cada situación ou para cada tipo de comunicación, segundo a súa intención, o seu destino ou os seus destinatarios.

A aprobación polo Concello Pleno dunha Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística ou dun Regulamento de Usos Lingüísticos constitúe o xeito máis efectivo de facer do galego a lingua normal de comunicación e, ó mesmo tempo, de fixa-los criterios lingüísticos a seguir nas diferentes situacións comunicativas.

As Ordenanzas Municipais de Normalización Lingüística, con diferentes redaccións, están en vigor en moitos concellos dende hai varios anos. A seguir, reproducimos un texto-tipo elaborado polo Servicio Municipal de Normalización Lingüística do Concello de Vigo ó obxecto de que poida servir de base para aqueles concellos que aínda carecen deste tipo de normativa ou que queiran mellora-la xa existente.


Limiar

Capítulo Primeiro: Do uso oficial do idioma galego

Capítulo Segundo: Ámbito de aplicación

Capítulo Terceiro: Do uso do galego na organización municipal

Capítulo Cuarto: Das relacións coas e cos administrados

Capítulo Quinto: Das relacións institucionais

Capítulo Sexto: Dos avisos, publicacións e actividades públicas

Capítulo Sétimo: Dos rexistros

Capítulo Oitavo: Atención ó público

Capítulo Noveno: Topónimos, sinalizacións e rótulos

Capítulo Décimo: Da selección, provisión e reciclaxe do persoal

Capítulo Undécimo: Do cumprimento e seguimento da ordenanza

Capítulo Duodécimo: Do impulso institucional


  Seguinte